Xunta e Concello financiarán a reforma integral da praza de abastos noiesa

NOIA> A actuación, presupostada en máis dun millón de euros, virá a dar resposta a unha vella demanda dos propios usuarios da instalación, mediante a mellora do seu aspecto estético e da súa funcionalidade.

Foi a propia directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, a encargada de dar a boa nova durante unha visita ó mercado noiés. A consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de asinar un convenio plurianual de colaboración co Concello, por un importe duns cincocentos mil euros, o 50% do custe total das obras, presupostadas nun millón de euros. A achega  permitirá levar a cabo a tan ansiada remodelación da praza de abastos, dotando ó inmoble dunha imaxe máis moderna, ó tempo que se reordena o espazo comercial e se mellora a accesibilidade.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou a importancia desta actuación que permitirá consolidar o mercado noiés como motor do comercio local da vila.

A reforma, cuxo proxecto xa está definido dende hai meses, virá a dar resposta tamén ás demandas dos propios praceiros. As obras iniciaranse polas fachadas exteriores e pola instalación dun ascensor. A intención é que os traballos se executen por fases para interferir o menos posible na propia actividade do mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí