CALDAS> Os usuarios da asociación Amicos dirixen unha actividade medio ambiental no concello de Caldas. Os propios usuarios foron os que guiaron a preto dunha corentena de nenos e nenas dos centros escolares de caldas para recoller lixo na contorna do río Umia. O traballo conxuntou permitiu a retirada de 26 quilos de residuos.
A contorna do río Umia está hoxe máis limpa, grazas ao traballo da Amicos. A asociación organizou este martes unha acción medio ambiental en colaboración cos centros escolares da vila e co apoio do concello e a empresa Clavo.
Os usuarios de Amicos recibiron formación previa para poder converterse en axentes medio ambientais ODS. Eles foron os que dirixiron a actividade para ensinarlle aos máis mozos como recoller e clasificar o lixo.
Ademais da súa labor medio ambiental, a actividade axuda a mellorar a integración na sociedade dos usuarios de Amicos.
Dende a empresa e dende o concello puxeron en valor a importancia de apoiar actividades coma esta.
Unha vez realizada a recollida, os participantes da acción medio ambiental pesaron o lixo retirado e o clasificaron, a cantidade final recollida superou os 36 quilos. O peche da xornada tivo lugar cunha valoración de todo o traballo realizado.