VILAGARCÍA> Vilagarcía opta a facerse con máis de 6,4 millóns de euros de fondos europeos. O concello vai presentar un conxunto de cinco proxectos ao Plan de Acción Integrado da Unión Europea. Entre eles, salienta a reforma do baixo dos Duráns para traslarar alí os servizos sociais, a ampliación da piscina e a remodelación das rúas Veiga do Mar e Aduana. Tamén inclúe outro plan para a electrificación e expansión por todo o rural do municipio do serivizo VaiBike. A proposta levarase a pleno o día 27 e ao día seguinte presentarase en Europa.
O Concello de Vilagarcía asegura ter os deberes feitos e todo a punto para facerse con novos fondos europeos para a cidade. Pretende levar a cabo proxectos por 6,4 millóns de euros, a través do Plan de Actuación Integrado.
En concreto, son cinco proxectos os que Ravella quere levar adiante. Ademais da reforma da rúa Veiga do Mar, en Vilaxoán, por uns 900.000; e a rúa Aduana, en Carril, por outros 800.000; salienta o proxecto de posta a punto do baixo dos Duráns onde se van instalar os Servizos Sociais. O orzamento estimado é de 900.000 euros.
Como tamén está maduro, din, o proxecto de amplianción da piscina municipal, a piques de saír a licitación. Neste caso calculan un investimento de máis de 3 millóns de euros. O paquete complétase con outro proxecto para o fomento da mobilidade sostible: trátase da expansión do VaiBike.
A proposta de financiación levarase ao pleno municipal o vindeiro día 27 de febreiro e ao día seguinte presentarase en Europa, que terá seis meses para responder.











