O Xuven a facer boa a renda de 10 puntos ante o Basket Pla

SALNÉS> Mañá o Xuven afronta outro partido histórico ante o Opentach Basket Pla. Os cambadeses chegan a este encontro coa tranquilidade que lles dá ter obtido dez puntos de renda no choque de ida. Norman Rey, con problemas musculares, podería ser baixa nos locais.

Outra cita histórica para o Xuven. Todo apunta a unha nova festa no Pombal tralo partido de mañá ante o Opentcach Basket Pla. Os dez puntos de vantaxe que acadaron os cambadeses en Mallorca, dálles unha ampla marxe, que sen embargo non é definitvo.

Yago Casal non se fía do seu rival e pedíu concentración máxima ós seus xogadores para poder pechar a elimnatoria e acceder a última e decisiva rolda polo ascenso. Ademais, a vantaxe conseguida en Baleares non foi un reflexo do acontecido na pista, xa que durante 30 minutos o Establecimientos Otero estivo incómodo e non puido decantar o encontro do seu lafdo ata o treito final, onde o baloncesto intenso e organizado dos visitantes, impúxose ó descontrol e ó xogo físico plantexado polo Basket Pla.

O maior problema que se lle presenta ó Xuven son os problemas físicos cos que acude ó choque Norman Rey. O ala pivot lesionouse nun adestramento desta semana e arrastra molestias musculares, polo que a súa participación é máis que dubidosa.

As maiores ameazas do rival son o aleiro Nacho Ayala, autor no encontro de ida de 19 puntos e 8 rebotes e o veterano xogador Pau Giménez. Ós seus 42 anos promediou durante a liga regular 13 puntos. Físicamente non é o xogador que era, pero mantén boa parte das facultades que o levaron a xogar na ACB nos seus anos mozos, no Coren Ourense. Os cambadeses deberán frear principlamente a estes dous xogadores e tamén controlar mellor o rebote para conceder menos segundosn oportunidades, algo que lles deu dores de cabeza na ida.

A nivel directivo, o club prepara unha nova festa. As entradas para os socios colocaranse a dous euros mentres que os non socios pagarán catro. Anímase de novo á xente a que encha ó Pombal e cor amarelo.

Redacción Salnés