RIBADUMIA> Falece o pai de Rafael Louzán, actual presidente da Real Federación Española de Fútbol. José Louzán Güimil falecía este xoves en Ribadumia aos 83 anos.
Logo de coñecerse o seu pasamento, foron moitas as institucións e entidades vinculadas ao deporte que amosaron o seu pesar. Entre elas, a Real Federación Galega de Fútbol e distintos clubes da nosa contorna. Un deles foi o CD Ribadumia, coa que Louzán Güimil estaba vinculado.
O funeral e enterro terá lugar esta tarde na parroquial de Santa Baia.












