Zona Centro presenta as campañas de Entroido e “Día dos Namorados”

    zonacentro_2100_230108_001.jpgCAMBADOS > A Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro presentou esta mañá a vindeira campañas do Entroido e do día dos Namorados

    Para ámbolos acontecementos a entidade organizou dous sorteos que terán lugar o día 16 de Febreiro. O presidente de Zona Centro quixo deixar zanxada a polémica suscitada entorno ó día de celebración do Entroido que varios veciños solicitaban o seu cambio.

    zonacentro100_230108_001.jpg5 de Febreiro, ese será o día no que se celebrará o Entroido organizado por cambados Zona Centro, o cal irá acompañado co sorteo dun soldo de 600 euros ó mes durante un ano que se poderán desfrutar en establecemntos pertencentes ás asociacións de comerciantes dos municipios da comarca do Salnés

     En canto á polémica suscitada polo cambio de día deste Entroido por parte de varios veciños socios do pósito da vila que celebran os seus carnavais un día antes, o presidente de Cambados Zona Centro teno claro Para o día dos namorados a sorpresa será o sorteo de 2 días nun balneario con todo tipo de comodidades, cunha restricción, o premio deberá ser consumido antes de 3 meses Por outra banda

    O presidente da asociación tamén se lamentou da situación de crise que están a padecer os comerciantes que aínda no período de rebaixas non ven incremento nas ventas, unha situación insostible para a cal xa están pensando en buscar alternativas como a negociación con caixanova para a concesión de tarxetas de fidelización para atraer clientela.

    Redacción Salnés