O Junquera dá a sorpresa e vence ó segundo clasificado

futbolsala250_150408.jpgSALNÉS > Ó Hermanos Barbeito tocoulle descansar mentres que o Grupo Junquera deu a sorpresa e gañou contra pronóstico ó segunda clasificado, o Troula F.S..

Agora sí, achégase a recta final do campionato. Cinco xornadas lle quedan á 1ª Nacional A nas que se decidirán ascensos e permanencia.

O Hermanos Barbeito está metido nesa loita, na de tratar de eludi-lo descenso. Esta semana toucoulle descansar mentres que os seus rivais xogaron todos. Con 15 puntos por disputarse aínda teñen agora a salvación a 6. O mellor é que tres deses partidos serán contra rivais directos. O primeiro, o vindeiro sábado, será contra El Llano, fóra; terano complicado xa que estes xóganse o ascenso. Despois Benavente, na casa, Mera, fóra, e Coruxo na casa. Aquí é por onde pasa a salavación porque estes tres rivais xóganse tamén a permanencia. Pecharán a liga con A Mariña, conxunto que a días de hoxe xa non se xoga nada. Moito por decidir por tanto enn cinco semanas que non serán aptas para cardíacos.

Moita máis tranquila é a situación para o Grupo Junquera que esta semana gañou contra pronóstico ó Troula Futbol Sala por 2-1. Foi un partido mohito máis disputado do que se agradaba, cun alto ritmo de xogo. Os de Betanzos xogábanse o título de Liga pero non puideron cos rapaces de Santi Iglesias que están a facer unha segunda volta para enmarcar.

Adiantáronse os locais por mediación de Fran e empatou no 37′ Loureiro. O mellor viuse ó final, cando Santi Piñeiuro era expulsado a 28 segundos para o remate, algo que aproveitou o equipo betanceiro para xogar con porteiro xogador eses últimos instantes, con superioridade en campo (5-3). Pero Fran presionou moi ben a un atacante rival, arrebatoulle o balón e dende mediocampo e a portería baleira marcaba xusto antes de que o electrónicose puxese a cero.

A dúas xornadas para o final o Grupo Junquera continúa séptimo na xeral con 41 puntos.

Redacción Salnés