José Peña: ‘O cese é por falta de materia prima’

    fotojosepenacopia.jpgCAMBADOS> O xerente da Real Conservera Española respondeu ás críticas feitas por CCOO. Negou ademais que a empresa recibira oito millóns de euros en subvencións.

    {flowplayer}images/salnes/RespostaRealConservera.flv{/flowplayer}

    O secretario xeral de CCOO en Arousa, Fernando Ramos, denunciaba o pasado martes a situación das empregadas fixas-discontinuas da Real Conservera Española. Hoxe, José Peña quixo responder ás acusacións verquidas polo sindicato. Dixo o empresario que o cese temporal da actividade debeuse a falta de materia prima de calidade.

    Peña dixo ademais, que hai que ter en conta a perda de tempo pola posta en funcionamento da nova factoría, que ten a licenza dende xuño do no pasado. Polo que a actividade real da fábrica foi durante os últimos cinco meses do ano. Segundo el, con estas cifras, os 90 días traballados no 2010 non son un mal dato.

    Tamén quixo deixar claro que ningunha traballadora está obrigada a permanecer na empresa. Aínda que polo momento non tiveron coñecemento de que ningunha delas queira marchar, posto que segundo el as condicións de traballo da compañía son moi boas.

    A Real Conservera Española prevé recuperar a súa actividade o vindeiro 23 de maio.

    Redacción Salnés