Marta Rodríguez non ‘encabezará nin acompañará’ a lista do PP en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> A deputada Marta Rodríguez Arias non se plantexa volver á política local. A popular asegurou onte que non encabezará as listas do seu partido en Vilagarcía para as vindeiras eleccións do mes de maio, e desbotou formar parte da proposta de Tomás Fole. Así o recoñeceu na visita que fixo a esta casa, no programa PLENO ABERTO.

     

    O retorno á política local non entra nos plans inmediatos de Marta Rodríguez. A deputada popular está satisfeita co seu traballo no Parlamento, e desbotou formar parte da proposta do PP para Vilagarcía nos comicios do mes de maio.

    Rodríguez Arias desmárcase así dos rumores que a situaban na candidatura popular para manter o concello vilagarcián. Segundo a deputada, outros que tampouco concorrerán ás vindeiras eleccións serán os socios de goberno dos populares no consistorio: IVIL.

    Marta Rodríguez destacou a xestión de Tomás Fole á fronte do concello nun escenario que cualificou de complicado, e asegurou que en Vilagarcía só existen dúas alternativas de cara á vindeira cita electoral: apoiar ao PP ou apostar por un experimento que, asegurou, pode saír moi caro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/marta_pleno_aberto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/marta_pleno_aberto.mp4{/flowplayer}