O SALNÉS> Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.
A Mancomunidade do Salnés iniciou a súa andaina en Fitur 2026 co foco posto na China. O organismo comarcal organizou un acto nun restaurante do centro de Madrid ao que asistiron o embaixador chinés en España e empresarios turísticos e doutros sectores clave.
O mercado chinés e especialmente atractivo para O Salnés, porque acostuma a viaxar fóra de tempada alta, favorecendo a desestacionalización.
A Mancomunidade presentou varios produtos turísticos, poñendo o foco no ‘Slow Business’, pensado nun perfil que quere gozar dunhas vacacións sen desatender o seu traballo.
Atractivos que chaman a atención do visitante chinés, en especial a nosa gastronomía.
O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar a visitar O Salnés ao embaixador da China en España. Unha visita que se podería producir este verán, na compaña do tecido empresarial chinés.
A este acto tamén asistir o presidente da Deputación de Pontevedra, que apunta que a estratexia da Mancomunidade vai na liña da do organismo provincial.
Acompañando ao presidente tamén estiveron o vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Javier Touriís. No encontro estiveron representados os nove concellos da comarca, coa presenza de alcaldes e concelleiros.











