![]()
O GROVE > O Consello Local da Muller de O Grove reuniuse co edil de Igualdade e Benestar, Carlos Álvarez Besada, para planear os actos ….
{flowplayer}images/salnes/vmuller.flv{/flowplayer}
O GROVE > O Consello Local da Muller de O Grove reuniuse co edil de Igualdade e Benestar, Carlos Álvarez Besada, para planear os actos que o concello vai a realizar no mes de marzo, con motivo do día da muller traballadora, o 8 de marzo. A xuntanza xurdiu a iniciativa do goberno local que quere darlle participación na organización dos eventos a tódolos colectivos locais femininos.
Mulleres rurais, representantes empresarias, sindicais e políticas dos distintos grupos mecos,. participaron onte á noite na posta en común de ideas para a programación dos actos. Entre as principais iniciativas están os premios meca da igualdade, que este ano pasarán a ser concedidos a dúas mulleres, a diferenza de anos anteriores cando o premio se outorgaba a catro, e no día en contra da violencia de xénero.
Outra das novidades deste ano é un concurso de fotografía centrado na temática da muller traballadora en O Grove. Poderá participar calquera persoa, e se están interesados, as bases do certame presentaranse a vindeira semana. A xuntanza de onte a noite foi unha mostra da intención que o goberno local meco ten en que a consello local da muller sexa un instrumento de participación, real e activo, nas políticas da concellería.
Redacción Salnés









