CAMBADOS> Máis dun cento de vehículos clásicos reuniranse este vindeiro domingo en Cambados, na Concentración do Albariño de Clásicos chega este ano á súa décimo sétima edición. Ademais de amosa-los seus vehícunos no centro da vila, farán un percorrido por toda a comarca do Salnés.
Con 250 afeccionados implicados e a participación dun cento de vehículos, a Concentración do Albariño de Clásicos converteuse xa nunha das citas máis destacas de Galicia.
O encontro vai comezar a iso das nove da mañá deste domingo, na Praza de Fefiñáns. A partir das 11 dará comezo un percorrido. Primeiro polo centro de Cambados e despois por boa parte da comarca do Salnés, facendo parada en diferentes puntos.
A cita reúne a amantes do motor chegados dende diferentes puntos do país. Na Concentración poderemos ver auténticas xoias do mundo do motor.
A Concentración do Albariño de Clásicos suma xa 17 anos, convertido xa nunha referencia que enche de cor as rúas cambadesas.











