![]()
CAMBADOS> Nesta actuación investíronse 40.000 euros para solventar os problemas de inundacións que se producen na zona cando se rexistran fortes choivas.
{flowplayer}images/salnes/VisitaTourisSeca_070513.flv{/flowplayer}
Con estas obras, realizadas ó carón do colexio de Corvillón, acondicionouse a zona de A Seca e instaláronse equipos co fin de resolver os problemas de acumulación de auga en época de fortes choivas. Os traballos consistiron na colocación dunha tubaxe de formigón de 600 mms para a evacuación de augas pluviais e a apertura de novos embornais na arqueta de entrada de augas Tamén se instalaron tres pozos de rexistro, catro sumidoiros e tres arquetas de recollida de augas.
Os traballos realizáronse en tres meses e supuxeron un investimento de 40.000 euros sufragados pola Consellería de Presidencia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Neste caso, a administración autonómica aportou o 80% do montante global; o resto púxoo o concello de Cambados.
Este fondo foi unha iniciativa posta en marcha en 2010 polo Goberno galego que permite ós concellos beneficiarse directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia; posto que se financia a través do canon eólico.
Redacción Salnés










