Zalguiris e Mega Aqua confirmados para a Vilagarcía Basket Cup

basketcup250_250108_001.jpgVILAGARCÍA > A menos de dous meses para que se poña en marcha a Vilagarcía Basket Cup comézase a pecha-los nomes dos equipos participantes. Os últimos en confirmar a súa presencia foron o Zalguiris Kaunas e o Mega Aqua Monta serbio.

Este é o único torneo no que participa o equipo lituano a nivel europeo, que selecciona ó máximo ás competicións nas que participa, algo que fala ben ás claras do renome que esta Vilagarcía Basket Cup gañouse nos últimos anos a nivel continental. O Zalguiris tentará voltar a Lituania coma campeón; de conseguilo, sería a cuarta ocasión.

Menos tradición ten o Mega Aqua de Belgrado. Trátase dun equipo xoven que non ten representación na primeira liga do seu país pero que é canteira de grandes xogadores.

 A estes dous equipos hai xa que engadir ó Unicaja Málaga, AXA Barça, Real Madrid e Cai Zaragoza, que serán os catro representantes españois.

Comézase por tanto a vislumbrar o que será o cartel do torneo; so falta a confirmación de outros dous equipos foráneos. Vilagarcía poderá desfrutar un ano máis do mellor baloncesto junior do continente.

Redacción Salnés