A CIG tamén presentará alegacións á modificación dun trazado da PO-531

    trazado100_280108_001.jpgVILAGARCÍA > O sindicato galego CIG presentará antes deste xoves 31 novas alegacións á modificación  do trazado alternativo da PO-531 Vilagarcía – Curro

    … ó seguir afectando a unha serie de empresas canteiras que poderían verse obrigadas a pechar. Se por parte da Xunta non se presentan alternativas, os traballadores non descartan tomar outra serie de medidas.

    Á consellería de Política territorial acumúlanselle as alegacións. Despois de que a plataforma de afectados da PO531 de Curro – Pontevedra presentara a semana pasada máis de 1.800 alegacións ó proxecto, agora súmanse os traballadores das canteiras situadas no trazado alternativo de Política Territorial Vilagarcía – Curro, un tramo que aínda que foi modificado séguelles a afectar de maneira importante.

     A CIG recrimina o trato de favor que poden chegar a recibir outras zonas polas que tamén pasa o novo trazado e que prexudicarían a lugares industriais,  por iso piden que se trate a todo mundo por igual

    O sindicato quérelle lembrar á consellería que das empresas afectadas sae o 99% da producción de áridos de todo Salnés e que si se ven obrigadas a pechar as estimacións das indemnizacións aos traballadores achéganse ós 500.000 euros. Por iso antes da data límite o xoves 31, presentarán as alegacións de maneira conxunta coa esperanza de obter unha resposta resolutiva que beneficie a ámbalas partes.

    Redacción Salnés