As fillas de Oubiña paralizan a adxudicación do Pazo de Baión

    baion100_290108_001.jpgVILANOVA > A convocatoria aberta  á que optaban diferentes adegas de toda España para adxudicación das instalacións do Pazo de Baión paralizáronse

    … temporalmente. O motivo deste aprazamento foi o recurso presentado polas fillas do narcotraficante Laureano Oubiña que se consideran herdeiras lexítimas do Pazo. A fundación Galega contra o Narcotráfico manifestou a súa indignación contra o plan xeral de Drogas e a Audiencia Nacional por aceptar o recurso. As 4 adegas que chegaron ó final de puxa polo Pazo de Baión tendrán que esperar a resposta da xustiza.

    Despois de recorrer un longo camiño as fillas do narcotraficante Laureano Oubiña considéranse herdeiras das instalación e así o fixeron constar no 2005 ante o Tribunal Europeo de dereitos Humanos. A venta da propiedade estaba prevista para facer fronte á multa imposta a Oubiña condenado pola Audiencia Nacional a 6 anos e nove meses de cadea por narcotráfico.

    Despois de coñecerse a nova, a fundación galega contra o Narcotráfico quixo poñer de manifesto a súa indignación ante a aceptación a trámite do recurso das presuntas herdeiras do Pazo por considerar intolerable que a xustiza e o Goberno que xestiona o plan xeral de drogas teña en conta a petición dunha familia que tanto prexudicou cos seus actos delictivos á sociedade. Dende a fundación instan o goberno e as administracións adopten as medidas necesarias para que o Pazo de Baión sexa propiedade de empresas que non teñan contas pendentes coa xustiza.

    Redacción Salnés