Preséntase a programación do Entroido de Vilagarcía

    castro100_290108_001.jpgVILAGARCÍA > O concelleiro de Cultura de Vilagarcía presentou esta mañá a programación do Entroido da vila que comeza este vindeiro domingo co habitual …

    …festival de comparsas que este ano celebrarase cun número límite de participantes. Castro Ratón quixo zanxar a polémica xurdida entorno ó malestar das comparsas que se quedaron fora do concurso argumentando que a duración que viña mantendo ata o de agora era excesiva 

    Castro Ratón quixo dar por rematada a polémica sobre as comparsas que quedaron fora de concurso este ano. A concellería de Cultura decidiu que debido á duración excesiva do festival noutras edicións que se alongaban ata 6 horas, a mellor alternativa era establecer un número limite de participantes . 11 serán as comparsas que competirán este domingo no Auditorio de Vilagarcía estimando que o concurso dure 3 horas.

    Ademais nesta edición os participantes non terán que esperar ata que lles toque a quenda senón que acudirán por orde de citación. A data de inscripción estará aberta ata que o mesmo día do festival.O edil de cultura fai un chamamento ós cidadáns a que participen nunhas datas para a diversión O luns 4 de febreiro haberá un baile para os máis pequenos que comezará as cinco e media da tarde na praza da peixería coa actuación da orquestra Saudade 73 e con diversos talleres e obradoiros. As asociación veciñais colaborarán coa elaboración de filloas e orellas para tódolos asistentes .

    Posteriormente o martes celebrarase o tradicional desfile de disfraces e Carrozas con premios de ata 720 euros que sairá da explanada do Auditorio ás cinco da tarde, despois haberá baile de Entroido na praza da Peixería. O Entroido rematará o mércores de cinza co enterro da Sardiña as sete da tarde en Vilaxoán

    Redacción Salnés