VILAGARCÍA> A frota da quinta travesía Navega o Camiño chegou esta mañá a Vilagarcía de Arousa. Dende a capital arousá remontarán o río Ulla ata chegar a Padrón, para completar o camiño ata Santiago a pé. Alí rematarán unha expedición que comezou o pasado 14 de agosto en Hondarribia, no País Vasco.
Os peregrinos por mar da travesía Navega o Camiño recalaron esta mañá en Vilagarcía. A expedición chegou ao porto arousán e, dende aquí, remontarán o río Ulla ata chegar a Padrón. Despois completarán o camiño ata Santiago a pé.
A expedición arrincou o pasado 14 de agosto do Porto de Hondarribia no País Vasco. Durante 16 etapas percorreron o litoral norte español ata Santiago de Compostela. Un xeito de peregrinación polo que apostan dende a Mancomunidade do Salnés.
Tras cinco anos realizando esta actividade, cada vez son máis os que se suman a esta peregrinaxe. Aínda que este ano a flota viuse reducida por mor do coronavirus.
Así as cousas, os organizadores insisten en que a navegación é unha actividade segura, que se pode practicar con menor risco.