DÜSSELDORF> O Salón Náutico de Düsseldorf acolleu esta mañá a presentación de Sail The Way, unha iniciativa que mestura a náutica co Camiño de Santiago e que conta co respaldo de Portos de Galicia. O proxecto cumpre a súa cuarta edición, e por primeira vez conseguiu internacionalizarse: o rallie partirá dende o porto francés de La Rochelle, para rematar o percorrido no peirao de Vilanova de Arousa.
A Ruta Xacobea tamén ten o seu protagonismo no Salón Náutico alemán de Düsseldorf. Esta mañá presentouse a iniciativa Sail The Way, impulsada pola asociación North Marinas, que mestura o Camiño de Santiago coa náutica.
A iniciativa conta co apoio de Portos de Galicia, e nesta cuarta edición cumprirá o obxectivo de internacionalizar a ruta. Por primeira vez a saída será dende o porto francés de La Rochelle.
O obxectivo dos organizadores é conseguir a participación de 30 ou 40 barcos, que chegarán a Galicia atraídos coa posibilidade de acadar o Xubileo en Compostela.
O presidente de Portos de Galicia sinalou tamén que este tipo de proxectos están en consonancia con outras iniciativas a nivel europea, como é o caso de Ecodestin e Capiten dirixidas á promoción da náutica.