BOIRO> O actual técnico Fredi Álvarez vén de comunicarlle á directiva a súa intención de non continuar a vindeira tempada á fronte do equipo. Despois de acadar a permanencia para os boirenses no ano do debut do Club en 2ª B, o preparador de Moaña decidiu poñer punto e final ó seu ciclo cos de Barraña. A directiva boirense céntrase agora na busca dun novo técnico. Varias son as alternativas que, en principio, se barallan para facerse cargo do banquiño ‘blanco’. Unha das que con maior forza soan é a de José Luís Lemos. O adestrador do ascenso do Club á categoría de bronce do fútbol nacional. Pero polo de agora non hai nada confirmado. A figura do novo técnico antóllase vital para a confección do plantel de cara ó vindeiro ano.
Inicio Barbanza - Muros - Noia