RIBEIRA> Os traballadores da administración pública celebraron este venres a festividade da súa patroa, Santa Rita. O concello de Ribeira aproveitou esta efeméride para entregar unha insignia conmemorativa ós traballadores municipais que cumpren vinte e cinco anos na función pública. Xa é unha tradición no concello de Ribeira, distinguir ós funcionarios con vinte e cinco anos de servizo ás súas costas nesta data sinalada. Nesta ocasión, o alcalde fixo entrega das insignias conmemorativas a oito traballadores municipais de distintas áreas administrativas. Un a un, os funcionarios de distintos departamentos como María José Carreira, Josefa Encarnación Álvarez, Prudencio Bragado ou Xosé Romero foron recollendo os seus distintivos. Tamén figuraban entre os homenaxeados o xerente da lonxa municipal, José Manuel Orellán e os policías José Andrés Alonso, Jesús Millán ou Pedro Antonio Fernández. O alcalde expresou o seu agradecemento por todos estes anos dedicados ó servizo público e expresou o seu compromiso de seguir a consolidar o emprego mediante procesos como o desenvolvido este ano para converter os postos interinos en fixos.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










