Dez carrozas e diversos espectáculos de animación compoñen a cabalgata de Ribeira

RIBEIRA> Dez carrozas integrarán a cabalgata de Reis de Ribeira que este ano recupera o seu formato e percorrido tradicional. Estará amenizada ademais por varias bandas, comparsas e charangas así como espectáculos de animación que farán aínda máis especial a chega dos Magos de Oriente á capital do Barbanza.

Ás seis da tarde do día 5, arribarán as súas maxestades a Ribeira. Farano a bordo da tres dornas das que desembarcarán no porto ribeirense para iniciar un percorrido cheo de música, cor e espectáculo.

A cabalgata estará composta por 10 carrozas que ademais de ós Reis transportarán a 180 cativos que compoñen o séquito real, grazas á colaboración de diferentes asociacións de todo o municipio.

O percorrido finalizará na praza do concello onde os Reis visitarán o Belén Vivinte e ofrecerán a súa tradicional recepción a tódolos pequenos ribeirenses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí