A Autoridade Portuaria fai balance do 2007

    javiergago_100jpg.jpgVILAGARCÍA > A Autoridade Portuaria de Vilagarcía cerrou este ano cun balance agridulce, xa que aínda que se esperan obter beneficios estes vanse

    … ver lixeiramente reducidos. Así e todo a baixada do tráfico marítimo no 2007, só foi dun 0,2 por cento. Estes son os datos que desprenderon do último Consello de Administración celebrado onte, no que tamén se produciron modificacións. E é que o Consello da Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten unha nova composición, tralos reaxustes feitos por parte da Consellería de Política Territorial nos distintos portos galegos.

    Os representantes do departamento autonómico en Vilagarcía van ser agora o Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, e o Director Xeral de Obras Públicas, Daniel Morato. Ademais o Consello tamén rexistrou na xuntanza de onte un cese, o de José Carlos Álvaza, xefe do gabinete da Consellería de Política Territorial.

    Na reunión do Consello de onte tamén se coñeceron as cifras definitivas dos tráficos marítimos de mercadorías rexistrados no porto vilagarciá durante o 2007. Uns datos que deixan unha cifra negativa. E é que houbo un descenso do 0,2 por cento con respecto o 2006, en total 2.500 toneladas menos. Este balance non inclúe nin o tráfico terrestre nin o interno do porto.

    Os graneis líquidos foron os únicos que rexistraron un incremento no exercicio do 2007. Mentres reducíronse as mercadorías de graneis sólidos e mercadoría xeral, en especial a dos cereais, que foron un 43,20 por cento menos. Un dato especialmente negativo se sé ten en conta que estes dous últimos, son polos que se reciben unhas tarifas máis altas.

    Ó resultado en cifras do balance do tráfico de mercadorías haberá que esperar ata o próximo Consello, xa que neste mes aínda se están a facturar operacións do pasado ano. Así e todo o Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Gago, asegurou que vai a haber beneficios, iso si, algo menores cos do 2006. Ademais na xuntanza de onte tamén se trataron outros puntos coma o da conversión que van a experimentar en breve as sociedades públicas de estiba e desestiba nas APIES, agrupacións portuarias de interese económico.

    Redacción Salnés