A Mesa do Viño acorda pactar o prezo da uva en circunstancias excepcionais

    mesa_do_vio_100.jpgPONTEVEDRA > A mesa do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas xuntouse esta mañá para abordar varias cuestións…

    que atinguen a súa actividade productiva: a primeira delas era a posibilidade de revisar o prezo da uva, en situacións de excepcionalidade á hora de asinar os contratos homologados.

    Finalmente as partes acordaron introducir estes elementos de excepcionalidade tanto por sobre-producción como por baixa producción, sempre e cando, se acorden antes da floración que terá lugar, presumiblemente nos vindeiros meses de maio ou xuño. Nunha próxima reunión, que terá lugar a finais de marzo, debaterase as cifras que van a afectar a estes parámetros en calquera dos casos; ben sexa á alza ou a baixa; para que este operativo neste último ano de vixencia do último contrato trienal.

    O delegado do medio rural de Pontevedra, Gonzalo Constenla, presente na reunión sobranceou neste punto que a estabilidade do mercado que proporciona o prezo estable da uva fixo que este ano se duplicasen os contratos homologados un 50 % máis respecto a anualidade anterior, o que supón un total de 1.300 contratos homologados máis.

    Nesta xuntanza tamén se comezou a falar da posibilidade de que certas variables de uva branca, que non se recollen no contrato vixente, como a loureira ou a treixadura pasen a abonarse ó igual que se fai cas variedades de uva tinta. Unha cuestión que será abordada tamén na vindeira reunión pero que non estará operativa ata o vindeiro contrato homologado.

    Redacción Salnés.