CAMBADOS> Cambados xa ten a súa primeira patrulla escolar. O Colexio Magariños e a Policía Local puxeron en marcha esta iniciativa que busca ensinar ós máis pequenos normas básicas de seguridade viaria. Os rapaces sentíronse axentes por un día, regulando o tráfico á porta do seu colexio.
Perfectamente equipados e coa lección ben aprendida. O colexio Magariños de Cambados e a Policía Local puxeron en marcha a primeira patrulla escolar da localidade. A iniciativa pretende involucrar ós máis pequenos na busca da seguridade viaria e para iso viven na súa propia pel unha experiencia real co tráfico. Foron eles mesmos os encargados de regula-la circulación ás portas do seu cole nas horas punta: á entrada e á saída de clase.
A patrulla escolar naceu co obxectivo de reduci-los riscos dos rapaces á hora de entrar e saír do cole. Con esta iniciativa, os rapaces séntense realizados ó colaborar no desenvolvemento dun servizo público.
Esta é só unha das primeiras iniciativas que se vai levar a cabo no centro. Outra das ideas que está en marcha é a creación en Cambados de camiños escolares seguros, unha medida podería comezar a coller forma no vindeiro curso.