![]()
SALNÉS> Se a Xunta non adxudica a conserveira, as traballadoras temen que se esgoten os prazos. A Cig teme que a factoría acabe vendéndose por lotes.
{flowplayer}images/salnes/Alfageme061112.flv{/flowplayer}
Alfonso Rueda estivo esta mañá en Pontevedra onde respondeu ás preguntas sobre a situación de Alfageme. O Presidente da Xunta en funcións, mentres Feijoo continúa na súa viaxe por Brasil, asegurou que se están a facer os estudos precisos para avaliar as ofertas das empresas que se queren facer coa firma.
Avaliar se algunha das tres propostas sobre a mesa, o Consorcio, Pescamar e Coswinga cumpre os requisitos recollidos nos pregos. ¿O problema? O tempo, e que cada día que pasa a sombra da subhasta pesa máis sobre as traballadoras. Rueda mantén que o obxectivo da Xunta é que o que se faga con Alfageme conserve os postos de traballo.
De non avalialo axiña, e chegar á subhasta os 150 postos de traballo estarían tamén máis que en perigo. Esta mañá as traballadoras continuaron coas súas protestas para pedirlle á Xunta que axilice o proceso, desta volta fixérono no edificio da Deputación de Pontevedra. Onte o seu obxectivo foron os Concellos do Salnés e o Pleno da Mancomunidade, no que se presentaron para pedir o apoio dos alcaldes da comarca.
Este apoio materializouse nun escrito enviado á consellería no que se instaba á Xunta a axilizar o proceso. Foi asinado polo Partido Popular e Sal, os únicos dous grupos que continuaban no pleno ó seu remate. Os socialista non asistiron por coincidir co enterro do que fora delegado do goberno en Galicia, José Manuel Pose, e o BNG abandonou a sesión despois da tensión que se viviu ó non incorporar o tema de Alfageme na orde do día. Os nacionalistas acusaron ós alcaldes de pasividade mentres Gonzalo Durán aseguraba esta mañá que se se quedaran ata o remate poderían ter amosado tamén o seu apoio.
Redacción Salnés









