Rías Baixas perfila o fin da vendima con 33 millóns de quilos de uva

    SALNÉS> Para dar saída a esta produción xa vinificada, a consellería do Medio Rural anunciou que o vindeiro ano se incrementarán as axudas á exportación de viños galegos. A Xunta incrementará no presuposto de 2014 as axudas para a intenacionalización de viño. Así o indicou a conselleira do Medio Rural Rosa Quintana na visita que realizou a tres cooperativas vitivinícolas do Salnés, Martín Códax e Condes de Albarei en Cambados e Paco y Lola en Meaño. A conselleira recolleu a satisfacción das adegas polos resultados desta vendima na DO Rías Baixas, que se dá xa por rematada con cifras que roldan os 33 millóns de quilos de uva e da que se espera un viño de altísima calidade. Precisamente, ante as críticas do sindicato Unións Agrarias de que algunhas adegas non recolleron toda a uva, a conselleira indicou que non lle consta que iso acontecera. Tampouco considera Quintana que a uva se estea a pagar a mal prezo. A conselleira avogou por un traballo conxunto do sector para que os beneficios redunden en toda a cadea de valor. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/visitacooperativasok.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/CONSELLEIRA_COOPERATIVAS_SALNES.mp4{/flowplayer}