BOIRO> Tamén está illado o tenente de alcalde, Luís Ruíz.
Esta mañá enterábamonos de que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, deixaran por uns días a súa actividade laboral presencial no Concello. A razón. Os dous estiveron en contacto cunha persoa que deu positivo en covid. Tanto o alcalde coma o tenente de alcalde xa realizaron a correspondente proba PCR, dando resultado negativo.
Segundo fontes ás que tivo acceso esta redacción atópanse ben e sen ningún tipo de síntoma pero, por prevención, deberán ter que agardar os dez días de illamento recomendados polos profesionais sanitarios. Esta previsto que os dous sigan traballando dende os seus domicilios, realizando as tarefas diarias que lles permita o teletraballo.
Levan illados nos seus domicilios dende o sábado, polo que o vindeiro luns repetiran a PCR para poder reincorporarse ó traballo presencial.