RIBEIRA> Os contaxios de covid en Ribeira comezan a estabilizarse unha semana despois de decretarse o peche perimetral do concello. O alcalde confía en que esta tendencia se manteña e pronto comecen a baixar os contaxios.
Ribeira comeza a ver os primeiros efectos do peche cunha tendencia que apunta á estabilización dos contaxios. Aínda así, a incidencia acumulada situase por riba dos catrocentos casos por cen mil habitantes polo que o alcalde prefire ser cauto e agardar a que se confirme esta tendencia.
Por esta razón, Manuel Ruíz fai un chamamento a toda a cidadanía para non baixar a garda e extremar as precaucións nestas datas seguindo as recomendacións de Sanidade para evitar as consecuencias non só sanitarias senón tamén económicas dunha terceira vaga.