Veciños de Dena protestan polas obras da futura Autovía

    dv750_-_meao_100.jpgMEAÑO > As obras da autovía do Salnés seguen causando malestar nos Concellos polos que transcorren.

    Desta volta, son os veciños de Dena, en Meaño, os que protestan polos seus efectos colaterais que lles impiden ó paso ás súas fincas. Estes afectados protestan polo estado no que está a estrada de As Miáns, en Dena, logo das obras da Autovía do Salnés.

    Estes veciños pensan que agora que falla pouco para que rematen as obras, a empresa concesionaria das mesmas vai a deixar este entorno tal e como está: convertido nun grande lamazal que se asolaga a pouco que chove e polo que non pode transitar ningún vehículo. Ademais, as súas fincas quedaron sen acceso e sen peches nin muros de contención. Aínda máis, por debaixo da ponte non pode circular ningún vehículo, dado o mal estado do firme de terra e o seu estado esvaradío e de constante asolagamento.

    Os de Meaño aseguran que este tratamento que lles están dando desde a empresa é inxusta, xa que eles cederon de boa fe os seus terreos para construír ó vial; e mesmo non protestaron cando lles utilizaron mais espazo do que expropiaran pola vida legal. Para mais Inri, moitos destes veciños aseguran que aínda non cobraron a expropiación, nin sequera das obras da vía rápida anteriores.

    Redacción Salnés