Ribadumia volve reivindicar a importancia do pan

    RIBADUMIA> A Festa do Pan volve a Ribadumia. Este sábado a Carballeira acollerá a décimo sexta edición, que terá como protagonista indiscutible este alimento. Obradoiros para elaboralo, cata, música e baile, son algúns dos elementos que non faltarán nesta proposta festiva. Un ano máis, e xa van 16, a Carballeira de Ribadumia acollerá este sábado a súa Festa do Pan. Unha celebración dedicada a exaltar a tradición deste produto. A partires das 5 da tarde, a organización comezará a recollida de postres e empanadas para o concurso de produtos caseiros que se fará ás 8 e media. Ás sete da tarde celebrarase un obradoiro para que os máis pequenos coñezan o proceso de elaboración do pan. Despois, ás 9, representarase a moenda nos Muíños de Batán. A festa volverá despois á Carballeira, coa cea de confraternidade a prezos populares. A celebración estará amenizada polo Dúo Marema.