Os alevíns do Jealsa Boiro Voleibol proclámanse campións de España

BOIRO> O Jealsa Boiro Voleibol está de noraboa. O equipo de alevíns proclamouse subcampión de España este sábado en Valladolid. Os pequenos puxeron todo o seu esforzo ó servizo de club e lograron chegar ata a final onde caeron finalmente ante o equipo de Almería nun duro encontro. Os alevíns poñen así o broche de ouro a unha tempada espectacular na que se prCvlamaron campións de Galicia. Non correu a mesma sorte o equipo feminino, que a pesar de liderar tamén o ranquing galego, acabou o campionato de España en decimosexta posición. Aínda así, os equipos boirenses superaron con creces as expectativas con que partían. A participación no campionato de España supón un paso máis para seguir mellorando e alcanzando novas metas.