O pleno aproba arranxar o parque da Coca con cartos de Luz Salgada

    parquecoca100_120208.jpgVILAGARCÍA > O Parque da Coca e o Proxecto Urban Arousa 21 serán financiados con parte do préstamo concedido ó Concello …

    {flowplayer}images/salnes/plenovilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Parque da Coca e o Proxecto Urban Arousa 21 serán financiados con parte do préstamo concedido ó Concello de Vilagarcía para o programa Luz Salgada. O pleno aprobou onte estes dous puntos que activan este proxecto aprobado en 2006 e que conta actualmente cuns fondos de 6 millóns de euros.

    O Concello de Vilagarcía xa lle buscou saída ós cartos do programa Luz Salgada, despois dun ano co préstamo dispoñible. O Pleno aprobou onte destinar unha parte á reparación do parque da Coca, deteriorado como consecuencia das riadas de novembro de 2006. O asunto foi aprobado por unanimidade aínda que non estivo exento de críticas. O PP lamentou que só acadase unha subvención do 50 por cento por parte do Estado e que a Xunta non aporte nada para esta zona verde situada á beira do río do Con.

    Outra parte do préstamo de Luz Salgada servirá para financiar o 30 por cento do Proxecto Urban Arousa 21. O diñeiro restante esperan conseguilo dos Fondos Feder. No pleno de onte o bipartido aprobou, cos apoios de PP e IVIL, solicitar 4,4 millóns de euros para acadar un desenvolvemento sostible do Concello. Esquera Unida abstívose neste punto. O Goberno municipal insistiu en que busca un consenso da corporación para xestionar os fondos de Luz Salgada.

    Redacción Salnés