O ProTour reunirá en Pontevedra aos 80 mellores triatletas de España

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá a converterse, a vindeira fin de semana, na sede do tríatlon nacional. O será grazas a celebración do ProTour. Un evento no que haberá carreiras curtas e explosivas e no que participará a elite deste deporte. Entre eles, Javi Gómez Noya, Mario Mola, Iván Raña, Ainhoa Murua ou Saleta Castro.

Volve o tríatlon a Pontevedra e o fai coa celebración da primeira edición do ProTour. Un evento que se desenvolverá os días 12 e 13 de outubro e no que estarán os mellores deportistas de todo o país. De este xeito, unha vez máis a cidade volverá a demostrar a súa gran capacidade para acoller eventos deportivos de alto nivel.

Os organizadores do ProTour queren que este proba sexa un espectáculo visual. Por iso, no evento desenvolveranse carreiras curtas, explosivas e nas que o público non se teña que mover demasiado. Ademais, nesta competición participarán os mellores 80 triatletas do noso país.

O ProTour celebrarase ao longo de dúas xornadas. Na do sábado desenvolverase o Campionato de España contrarreloxo individual, pola mañá, e as quendas clasificatorias pola tarde.

Na xornada do domingo disputaranse as semifinais e finais. E aínda que o ProTour contará coas grandes estrelas deste deporte, o gran ausente será Pablo Dapena.

Os que si estarán serán Javi Gómez Noya, Iván Raña, Ainhoa Murua ou Saleta Castro. Unha nova cita deportiva coa que Pontevedra volverá a converterse na sede do tríatlon internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí