BOIRO> O concello de Boiro investirá máis de cento cincuenta mil euros euros en dez novos módulos infantís. Ademais de parques en varios núcleos rurais e urbanos acondicionará un espazo multixogo e de aventura en Sandrenzo.
O primeiro dos proxectos que ascende a máis de oitenta mil euros contempla a creación de cinco parques. Un en Barraña e o resto en varios núcleos rurais das distintas parroquias.
A estas obras sumarase un investimento moi importante en Sandrenzo onde está sen executar un convenio para a cesión de terreos denfe hai máis de dúas décadas.
Por último, executaranse tamén novos parques en Comoxo, Moimenta e Triñáns. Con estas obras o executivo sumará investimentos por valor de máis dun millón de euros en infraestruturas de ocio e deporte para a infancia e a mocidade.