Pazo Baión recolleu 10.000 kg de uva na primeira xornada de vendima

    vendimapazobaion copia100.jpgVILANOVA> A adega conta con 10 exdrogodependentes traballando na vendima, gracias ó convenio asinado coa Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_2011_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    Pazo Baión agarda recoller nesta primeira xornada un total de 10 mil kg de uva. Un froito que xa está no momento óptimo de maduración, e que entra na adega cunha alta calidade.

    As chuvias desta semana atrasaron o inicio da vendima nesta adega. Sen embargo, non provocaron problemas importantes na uva.

    Cumprindo co convenio que Condes de Albarei ten asinado co Plan Nacional Sobre Drogas e a Consellería de Sanidade, 10 exdrogodependentes traballan dende hoxe na vendima dos viñedos de Pazo Baión.

    Oito homes e dúas mulleres son os que se están a beneficiar deste plan.

    Este ano Pazo Baión agarda superar nun 15% a colleita da campaña pasada, recollendo ó redor de 150 mil quilos. Toda a uva que se está a vendimar nas 22 hectáreas de viñedo, procesarase tamén nas instalacións da adega da finca. Un traballo que están a realizar 53 persoas, e que calculan rematará en 12 días.

    Redacción Salnés