O concello de Rianxo volverá contratar a redacción do Plan Xeral

    pxomrianxo_100_180208.jpgRIANXO > O concello de Rianxo volverá sacar a contratación a redacción do PXOM, despois dos numerosos erros cometidos pola empresa responsable.

    {flowplayer}barbanza/pxomrianxo.flv{/flowplayer}

    O concello rianxeiro xa traballa na elaboración do novo prego das bases para a contratación da redacción do PXOM. A administración local tomou a decisión de sacar novamente a concurso o proxecto ante os erros cometidos pola empresa á que fora adxudicada.

    A pesar do retraso que este feito suporá na consecución dunha norma urbanística actualizada, o concello disporá dunha subvención de 190 mil euros para elaborar un novo proxecto ou retomar, na medida do posible, as bases do xe existentes.

    Transparencia

    Ademais de axilizar o proceso de elaboración do PXOM, a intención do executivo é garantir a transparencia en todo o proceso, con reunións periódicas da comisión, conformada polos distintos grupos da corporación, e outros colectivos afectados.

    O alcalde rianxeiro é consciente das dificultades que conleva a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, que debe superar numerosos trámites e contar con estudos detallados de tódolos núcleos. Igualmente confía en que o proceso non se alongue demasiado aínda que, de momento, prefire non adiantar prazos.

    Redacción Barbanza