Novos ataques do lobo poñen en perigo o gando salvaxe na Curota

    vacasmortas_100_180208.jpgPOBRA > Os gandeiros de Postmarcos veñen de de amosa-la súa desesperación ante unha nova oledada de ataques dos lobos ó seu gando.

    {flowplayer}barbanza/vacasmortas.flv{/flowplayer}

    Os últimos episodios vivíronse a semana pasada cando un cabalo e unha vaca resultaron mortos polo ataque do depredador. Por esta razón os propietarios do gando solicítanlle á Consellería de Medio Ambiente que autorice algunha batida para poñer freo a estes ataques.

    Non é a primeira vez que isto acontece. Están fartos de denunciar ante Medio Ambiente os ataques dos lobos ó seu gando, sen que por parte do Departamento Autonómico se faga nada por remedialo.

    Para os membros da Asociación de Gandeiros de Postmarcos a única solución ó problema serían as batidas, pero estas están prohibidas, xa que os lobos atópanse protexidos, ó ser unha especie en perigo de extinción. Esta circunstancia fai que os depredadores campen as súas anchas pola Serra do Barbanza.

    Numerosas perdas

    Ata o de agora os ataques dos lobos ían dirixidos cara as crías do gando mostrenco, tanto vacún coma cabalar, pero nos últimos tempos a situación mudou e actualmente son xa numerosos os exemplos de perdas en animais adultos.

    Dende a Asociación de Gandeiros de Postmarcos sinálase que de seguir así en pouco tempo se acabará co gando salvaxe no monte e con el o xeito de vida de moitas familias que se dedican á cría do gando.

    Redacción Barbanza