SALNES> Alumnos do Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés traballarán no sector eólico. A empresa quere seguir contando con algúns dos 7 participantes que están na actualidade facendo prácticas. Dende o ente comarcal destacan que é un oportunidade para seguir formando xente nos sectores con máis demanda.
O Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma a alumnos en tres campos diferentes: profesións tradicionais na comarca, talleres enfocados á innovación e a colaboración coas empresas para adecuarse a súas demandas. Neste último punto, a empresa eólica Galventus colaborou co ente comarcal para formar a 7 alumnos. Ante o desempeño destes, a compañía continuará contando con algúns dos participantes.
Os participantes aprenderon a realizar traballos no sector eólico.
A contratación dos alumnos é o obxectivo da Mancomunidade do Salnés.
Os diferentes cursos do Plan Integrado de Emprego permite ás empresas contar con traballadores cualificados en diferentes campos.
A empresa non tiña o perfil dun traballador que puidera facer as inspeccións dos parques eólicos con drones. Coñecementos que cada vez require máis o sector. Dende Galventus informaron que os novos contratos serán temporais pero con amplas posibilidades de quedar fixos na empresa.