As obras de asfalto na zona portuaria de Vilanova comezan a semana vindeira

    obrasportovilanova_100.jpgVILANOVA > A Consellería de Política Territorial, vai levar a cabo as obras de asfalto de tódolos viais do recheo da zona portuaria, e de aceso

    …ó porto deportivo.  Esta mañá xa estaban no porto de Vilanova as máquinas que a vindeira semana van iniciar as obras do departamento autonómico.

    A última reposición do asfalto na zona portuaria fora feita hai algo máis de 10 anos polo concello, e o deterioro sufrido neste tempo, ademais do creado polo paso de maquinaria pesada nos traballos xa finalizados en novembro da remodelación da dársena interior e do contradique, facían necesaria esta actuación.

    Política Territorial vai investir nesta nova actuación uns 180.000 euros. Un investimento, con todo, que chega algo retrasado segundo indicou esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán. Calcúlase que as obras xa estean rematadas para antes do verán. A reposición do asfalto, que comezará a semana vindeira, chegará ata a rúa da Basella.

    Ademais tamén se van levar a cabo traballos de mellora no xardín do cabo e no acceso ó deportivo. Agora dende o concello tamén esperan que a Consellería repoña en breve os balaústres do paseo marítimo na zona competente ó departamento autonómico.

    Redacción Salnés