Cinco prazas de abastos recollen axudas da Deputación

    prazasdeabastos100_copia.jpgVILANOVA> 10.340 € repartidos entre as prazas de abastos de Sanxenxo, Portonovo, Vilanova de Arousa, O Grove e Caldas de Reis.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_prazas.flv{/flowplayer} 

    A Deputación provincial fixo entrega de algo máis de 2.000 € a cada unha, para colaborar na revitalización das prazas.

    A institución provincial colabora en diversas iniciativas orientadas a dinamizar e revitalizar as vendas nas prazas de abastos. As de Sanxenxo, Portonovo, Vilanova, O Grove e Caldas, recibiron, concretamente 2068 € cada unha, como axuda. Preténdese dignificar as prazas e que volvan ser o centro de referencia do comercio das vilas e o motor comercial ao redor do que xire o pequeno comercio. Para iso, hai abertas catro liñas de traballo totalmente coordinado entre os concellos, a Deputación e a Xunta, a través da Dirección Xeral de Comercio. Entre elas, hai un mes que a Deputación asinou un convenio ca Dirección Xeral de Comercio da Xunta, por importe de 300.000€ para crear a 1ª Oficina Provincial de Comercio RE-DIC, que sentará as bases para a creación dunha rede de apoio aos comerciantes gaelgos.

     Amais, farase un inventario e un estudo profundo da situación das prazas da provincia, a posta en marcha de programas de formación para os praceiros e praceiras, e a promoción da figura dos xerentes das prazas como axentes dinamizadores das mesmas.

    O Presidente da Deputación insistiu en todo momento, en que a entrega de axudas fora nun ambiente familiar e distendido, onde as praceiras puideran falar abertamente. E logrouno, unha das praceiras de Sanxenxo quíxolle convidar a visitar a praza da vila para que o mesmo Presidnete da Deputación, comprobara en que estado se atopa. Louzán comprometeuse con ela a visitala mañá mesmo.

    A área de comercio da Deputación, única nas 4 Deputacións galegas, incrementou o seu orzamento ata 460.000€.

    Redacción Salnés.