CCOO desmarcase da UXT polo acordo de reclasificación da policía local

    comisins_100.jpgVILAGARCÍA > O sindicato CCOO pronunciouse esta mañá sobre a impugnación da UXT do acordo da reclasificación da policía local

    … no Concello de Vilagarcía. Segundo estes representantes sindicais, logo de que ámbolos dous sindicatos fosen da man nas negociacións da nova lei de coordinación da policía local, agora en Vilagarcía veñen de rachar unilateralmente o acordo nunha postura que, desde comisións non son quen de entender. Segundo a UXT, a nova normativa galega que se ven de aprobar, supón melloras como a que promociona automáticamente ós funcionarios de policía existentes; deste xeito os policía do grupo D, por exemplo, pasarían á formar parte do grupo C; o que levaría supostamente, pero non obrigatoriamente, un incremento no seu salario base e complementos.

    Neste punto, entenden que en Vilagarcía, a UXT rompeu o consenso ó ir en contra desta lei, que eles entenden dabondo garantista; logo de que fose a súa propia unidade a nivel autonómico quen propuxo os pormenores agora a debate.

    Namentres, o policía local e delegado de CCOO no concello Vilagarcián denunciou as prácticas que están levando a cabo os representantes da UXT, convocando asembleas ilegais e fomentando división entre os traballadores. Razón pola cal lle piden un cambio de actitude e que acudan ós órganos de representación habituais.

     Os de CCOO aseguran que esta falla de consenso fai a ser prexudicial para os traballadores en xeral ó perder credibilidade e peso de negociacións as forzas sindicais ante as distintas administracións.

    Redacción Salnés

     

    Comments are closed.