Preocupación entre os autónomos polo peche dos seus negocios para evitar o contaxio do coronavirus

VILAGARCÍA> A xunta pecha os seus centros sociais e culturais ante o risco do coronavirus. Os autónomos dependentes desas instalacións mostran a súa preocupación ante a parálise dos seus negocios. Temen que o cese de actividade poda alargarse durante varias semanas.

O avance do coronavirus pon en risco o funcionamento de numerosos negocios. A primeira administración en tomar medidas foi a Xunta de Galicia, que no día de onte decidiu pechar os seus centros sociais e culturais. Unha medida que afecta aos autónomos concesionarios desas instalacións.

As medidas tómanse para evitar os contaxios, pero os autónomos descoñecen como lles afectará esta parálise.

O presidente da UPTA trasladou a súa preocupación ás diferentes administracións. Dende a FEGAMP tomarán medidas para axudar nos seus concellos.

O peche decretado será polo de agora de 14 días. Un tempo que pode aumentarse se non diminúe o número de contaxiados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí