O comité de empresa do Intecmar inicia as mobilizacións contra a dirección

    intecmar100_060608.jpgVILAGARCÍA > Os traballadores do Intecmar, de Vilaxoán, concentráronse esta mañá durante media hora ante o centro. O comité de empresa inicia así as mobilizacións

    {flowplayer}images/salnes/intecmar.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os traballadores do Intecmar, de Vilaxoán, concentráronse esta mañá durante media hora ante o centro. O comité de empresa inicia así as mobilizacións previstas ó non asumir a dirección as peticións mínimas realizadas polo cadro de persoal. As súas demandas veñen xa de tempo atrás e céntranse no cumprimento de dereitos recollidos no convenio colectivo da Xunta. Entre outras cousas, piden que se lles recoñezan os turnos, os plus de responsabilidade ou poder acollerse ó Fondo Social da Xunta.

    Ante a presión do comité de empresa, a dirección xa lles fixo unha oferta, pero segundo os representantes dos traballadores non cumpre os mínimos que eles piden. Arestora a relación entre ambos está interrompida. O mes pasado o comité de empresa decidiu abandonar unha Mesa de Negociación, que ó seu parecer, non era seria. Agora, as comunicacións quérenas por escrito.

    Segundo o comité de empresa, arestora estarían afectados 48 traballadores do Intecmar, a maioría persoal dos laboratorios. De non ter resposta satisfactoria de parte da dirección, repetirían as concentracións a vindeira semana.

    Redacción Salnés