Unha decoración por escaparate: así é a mellor decoración de Nadal de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Cinco escaparates con cinco temáticas diferentes e orixinais. Estas son algunhas das chaves que fixeron que a cafetería Estocolmo 2.0 gañase o premio á mellor decoración de Nadal de Vilagarcía. Moitas das figuras empregadas foron feitas por eles mesmos.

O concello de Vilagarcía organiza cada Nadal un concurso de escaparatismo e decoración entre os diferentes establecementos comercias e hostaleiros da vila. Este ano participaron 24 negocios e o gañador foi a cafetería Stocolomo 2.0.

No concurso valórase a decoración interior, exterior e os escaparates ou fachadas, así como a imaxinación, orixinalidade, iluminación e innovación. O éxito e os recoñecementos non chegan por casualidade. Nos decorados do Stocolmo pode observarse a experiencia de Pachi como escaparatista e a imaxinación tanto del como da súa muller, posto que entre os dous escollen as temáticas.

A dedicación do Stocolmo fai que no seu decorado alternen pezas mercadas con moitas outras feitas por eles mesmos.

A decoración de nadal non só recibe recoñecementos do concello. Moitos clientes entran ao local para descubrir a maxia do Stocolmo.

O establecemento retirará hoxe os adornos de Nadal. Pero o Stocolmo continuará ofrecendo aos clientes unha decoración orixinal e un gran servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí