Durán cualifica de oportunista a moción do BNG no último pleno

    GONZALO_DURAN_copy.jpgVILANOVA> A moción instaba ó concello para a recuperación da zona do Esteiro. O alcalde confesou que levan meses traballando no asunto.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILANOVA30.flv{/flowplayer}

    As cuestións relativas ó termalismo no municipio centraron onte a discusión no pleno de Vilanova. O BNG presentou unha moción para instar ó concello a localizar e recupera o manantial termal e medicinal de O Esteiro, nas Barranqueiras. Apostaron por proxectos pequenos para comezar por unha recuperación do patrimonio fluvial ante o retraso da creación dun centro de talasoterapia.

    Pola súa parte, o alcalde alegou oportunismo por parte do partido nacionalista xa que, informou xa levan meses traballando dos xeólogos para tratar de recuperar o manantial de O Esteiro.

    A outra das mocións que se presentou, esta vez por parte do partido socialista foi para instar á Xunta para que teña en conta o polígono de Baión para a instalación da fábrica de Mitsubishi. A moción quedou aprobada aínda que o alcalde confirmou que tamén xa levan meses en negociacións.

    En rogos e preguntas o BNG pediu ó PP que rectificase que en ningunhacomsión de portavoces se falou de financiar a compra de Vista Real co cartos da área comercial. Amparándose na natureza de rogo, o alcalde asegurou recoller a petición resolvéndose así a cuestión.

    Redacción Salnés