Barrantes comeza a conta atrás para a súa tradicional Festa do Viño Tinto

    RIBADUMIA> A Festa do viño tinto do Salnés volverá a encher, un ano máis, as rúas de Barrantes de xente procedente de tódolos puntos da comarca. A celebración vai pola súa cuadraxésimo cuarta edición.

     

    Si en calquera celebración non falta o viño… imaxínense no Salnés… chega a  XLIV edición da Festa do viño tinto do Salnés. Unha celebración cunha longa tradición coa que se pretende exaltar esta variedade. 

    A festa celebrarase os días 3, 4 e 5 de xuño. Tres días de festa nos que haberá batukadas, música, xogos para os máis cativos e degustacións de produtos galegos, entre outros, pero os festexos terán como acto central a cata de viño tinto na que se elixirá o mellor caldo da zona. Nesta edición participarán uns 140 viños, case o triplo, que na anterior celebración.  

    En canto aos valedores deste ano xa se coñece o número, pero non os nomes. 

    O lugar escollido para a celebración de este acto, non foi outro, que a adega Lagar de Pintos. Un fiel reflexo da tradición vitivinícola do Salnés, que se traspasa de pais a fillos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/ptac_tinto_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/ptac_tinto_salnes.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí