Galicia demanda un protocolo de actuación específico para os casos de coronavirus nos barcos

BARBANZA> Dende o Goberno Galego indican que na actualidade non existe, e que, nos tres casos que se deron na nosa comunidade, a forma de actuación foi diferente nos tres.

Na carta enviada ó Ministro de sanidade alúdese á necesidade de definir este protocolo en distintos ámbitos de actuación co obxecto de que a flota e as propias Administracións afectadas poidan ter unhas pautas claras de comportamento, ben sexa durante a estancia do barco no mar, no momento do traslado a terra do tripulante ou tripulantes afectados e tamén nos momentos previos ó embarque. Tamén piden que se aclare o papel das mutuas neste caso.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí