A Deputación achega 600.000 euros para recuperar muíños e lavadoiros

    convenio100_290208_copy.jpgCAMBADOS > O presidente da Deputación de Pontevedra e o da Mancomunidade do Salnés asinaron un convenio …

    {flowplayer}images/salnes/convenio.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A Deputación de Pontevedra achegará 600 mil euros para o proxecto ‘Os roteiros da Auga’, da Mancomunidade do Salnés. Deste xeito denomínase á continuación do Obradoiro A Segorella, iniciado en 2001 para recuperar o patrimonio dos concellos de Meis, Meaño e Ribadumia. Na sinatura do convenio o presidente da Mancomunidade agradeceu o apoio da Deputación para poder continuar este proxecto, interrompido co cambio de goberno da Xunta.

    O plan deste ano prevé a recuperación de 14 muíños, 9 lavadoiros, 7 fontes, 2 atrancos, e unha canle de auga, ademais da construcción de dúas rutas de sendeirismo. Os traballos serán financiados na súa totalidade pola Deputación e a Mancomunidade realizará as obras. Louzán asegurou que estas achegas continuarán ata rematar o proxecto. Este proxecto ocupará, durante un ano, a 40 operarios da comarca, que onte asistiron á firma do convenio.

    Redacción Salnés