Durán responsabiliza do retraso no PXOM á falta de coordinación entre Consellerías

    gonzaloduran_100.jpgVILANOVA > O concello  vai ter que seguir esperando para poder contar cun plan urbanístico. Polo menos ata o vindeiro 4 de abril, día ata o que a Consellería …

    …de Política Territorial atrasou o prazo para pronunciarse sobre o PXOM. Un prazo, que segundo as estimacións do concello debía rematar hoxe, cando se cumpren os tres meses de que lle enviaran o informe de medio ambiente. Este era o último requisito pedido por Política Territorial para a tramitación do proxecto.

    Un cruce de acusacións entre este departamento e o de Medio Ambiente, que debía remitirlle o devandito informe, parece ser a causa do atraso. De feito, a falta de coordinación entre administracións da Xunta, neste caso entre a Consellería de Medio Ambiente e a de Política Territorial, dixo Gonzalo Durán, estalle custando cara á localidade. Hoxe mesmo, remataba o prazo estimado polo executivo local para que Política Territorial se pronunciase sobre o informe de medio ambiente, que lle enviaran hai máis de tres meses. Un documento, do que o departamento autonómico lle comunicou onte por teléfono ó concello, non tiveron constancia ata que saíra publicado no DOGA o 4 de xaneiro, polo que o prazo non remata deste xeito ata o vindeiro 4 de abril.

    Gonzalo Durán, desmentiu esta mañá tal argumento xa que dende a Consellería de Medio Ambiente, lle aseguraron que o informe no que se lle notifica á CPTOPT para que empezase a contar os 3 meses de prazo, foi enviado por fax o 21 de novembro. Unha postura que o propio alcalde lle comunicou á CPTOP, que rematou por recoñecer que si recibiran a notificación.

    O alcalde de Vilanova xa puxo o conflito en mans dos asesores xuristas do concello. Di que está disposto a dialogar coas dúas Consellerías pero que o problema se debe a un mal entendido entre elas, polo que non ter que estar a pagar agora a localidade. Ademais, tamén asegurou que de vir negativo o resulta do informe, van recorrer á xustiza. A práctica situación de silencio administrativo que se está a dar neste caso, parece que vai retrasar aínda máis un proceso, o do PXOM vilanovés, que comezara hai seis anos.

    Redacción Salnés